Solicitamos información sobre o anuncio do goberno local da posta en valor do castro de Cerneda

“Pensamos que a escavación e posta en valor do castro de Cerneda é unha noticia positiva pero parécenos imprescindíbel que en ditas actuacións estea previsto o proceso de conservación ao longo do tempo”

Solicitamos información sobre o anuncio do goberno local da posta en valor do castro de Cerneda

Abegondo, 6 de febreiro de 2020. O BNG solicitou información sobre o anuncio do goberno local da posta en valor do castro de Cerneda. O grupo nacionalista solicitou tamén unha copia do proxecto coas actuacións que se prevé levar a cabo no castro de Cerneda.

“Pensamos que a escavación e posta en valor do castro de Cerneda é unha noticia positiva pero parécenos imprescindíbel que en ditas actuacións estea previsto o proceso de conservación ao longo do tempo”, explicaron desde o BNG. “Non vale de nada investir agora cartos públicos para a escavación e posta en valor se despois se vai abandonar, como pasou con rutas de sendeirismo por exemplo, mesmo pode ser contraproducente”, engadiron.

“Tamén pensamos que é importante prever cales serían os usos futuros que se pretenden para os posíbeis achados que de alí resulten e se se prevé facer posteriores escavacións

Desde o BNG solicitaron tamén información sobre que empresa ou empresas presentaron proxectos e cal vai ser o criterio de elección das mesmas así como o orzamento inicial para os primeiros pasos da valorización do Castro. 

 
Solicitamos información sobre o anuncio do goberno local da posta en valor do castro de Cerneda