O BNG solicitou ao goberno local que substitúa a marquesiña de Montouto, que se atopa en moi mal estado

Imaxe da marquesiña en Montouto
Imaxe da marquesiña en Montouto

Desde o BNG pediron tamén ao goberno local que realice unha revisión do conxunto de marquesiñas de Abegondo e se proceda á substitución daquelas que se atopen en mal estado.

O BNG solicitou ao goberno local que substitúa a marquesiña de Montouto, que se atopa en moi mal estado

Abegondo, 1 de setembro de 2020. O BNG solicitou ao goberno local que substitúa a marquesiña de Montouto, que se atopa en moi mal estado. “Tras diversas conversas con usuarias e usuarios da marquesiña que fica no lugar de Campo do Monte, na parroquia de Montouto xusto diante da igrexa de Santa Cristina; trasládannos que se atopa nun pésimo estado de conservación e que incluso un dos seus laterais pode provocar cortes ou outro tipo de feridas ás crianzas e mesmo ás persoas adultas”, explicaron desde o BNG.

“Se temos en conta que no mes de setembro comezará o período escolar, se a crise da COVID -19 o permite, e que a zona é bastante frecuentada pola veciñanza de Montouto debido a que esta moi preto tanto da igrexa parroquial como do cemiterio así como do Centro Social e do campo da festa sería importante proceder o antes posíbel á súa substitución”, engadiron.