O BNG propuxo ao goberno local que pida que se inclúan no catálogo de árbores senlleiras o carballo da capela de San Paio e o eucalipto de Bordel

No concello de Abegondo non hai ningunha árbore no Catálogo de árbores senlleiras, como así o reflicte a proposta de PXOM do goberno local

O BNG propuxo ao goberno local que pida que se inclúan no catálogo de árbores senlleiras o carballo da capela de San Paio e o eucalipto de Bordel

Abegondo, 3 de novembro de 2020. O BNG propuxo ao goberno local que pida que se inclúan no catálogo de árbores senlleiras o carballo da capela de San Paio, en Vilacoba e o eucalipto de Bordel, en Sarandóns. “No concello de Abegondo non hai ningunha árbore no Catálogo de árbores senlleiras, como así o reflicte a proposta de PXOM do goberno local”, explicaron desde o BNG. “Tendo en conta que nos encontramos nun concello cun grande territorio forestal, que se está vendo invadido cada vez máis polo monocultivo de eucalipto”, engadiron.

O Carballo da Capela de San Paio en Vilacoba é excepcional polo seu porte e dimensións e está vinculado á romaría tradicional de San Paio. “Sería importante coidalo incluíndoo no catálogo para poder protexelo e recuperalo limpándoo da maleza que presenta actualmente ao seu redor e poñelo en valor como monumento natural e etnográfico que é”, informaron.

O eucalipto de Bordel en Sarandóns está situado na contorna da torre de Peito Bordel, que ten asociada unha lenda, a do tributo das cen doncelas que a convirte nun referente da historia de Abegondo. “A inclusión deste exemplar no Catálogo evitaría posíbeis talas como as que sufriu o exemplar que estaba á beira do actual e tamén vixiaría as podas incontroladas que está a sufrir”, indicaron desde o BNG. 
O BNG propuxo ao goberno local que pida que se inclúan no catálogo de árbores senlleiras o carballo da capela de San Paio e o eucalipto de Bordel