Pedimos a dimisión de Santiso da presidencia do Consorcio das Mariñas e de todos os cargos que ostenta por ser alcalde de Abegondo

1305884097_1
Urbanización na Fraga en Limiñón que deu lugar ao proceso xudicial

O BNG presentará unha moción nos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas solicitando a dimisión de Santiso. Ademais pola súa condición de alcalde é Presidente do consorcio das Mariñas, e entendemos que os demais alcaldes e alcaldesa deben esixir a súa dimisión despois de que antonte se abrise o xuízo.

Pedimos a dimisión de Santiso da presidencia do Consorcio das Mariñas e de todos os cargos que ostenta por ser alcalde de Abegondo

Abegondo, 29 de xuño de 2018. O BNG pediu a dimisión de Santiso da presidencia do Consorcio das Mariñas e de todos os cargos que ostenta por ser alcalde de Abegondo. “Parécenos lamentábel ver ao alcalde de Abegondo paseándose polo xulgado e afirmando que non sabe que é ilegal conceder lincenzas para construír unha urbanización en rústico. O PP está normalizando as ilegalidades e permitindo que alcaldes de referencia do Partido Popular, que fora conselleiro no seu momento, se pasee polos xulgados sen pedirlle a dimisión. Está normalizando a ilegalidade”, afirmou a portavoz do BNG, Cristina López. 

“Santiso Miramontes leva 20 anos sendo alcalde de Abegondo aínda que non de xeito ininterrompido e, a maioría deles, baixo as siglas do PP. Foi conselleiro de Política Agro-alimentaria entre 2004 e 2005, cando Alberto Núñez Feijóo era vicepresidente da Xunta, e despois deputado autonómico. Pese a que a querela contra el por prevaricación urbanística presentouna o fiscal en 2008, Santiso, que xa non era entón afiliado segundo o propio PP, foi cabeza de cartel do PP nas municipais nos comicios de 2011 e 2015 e con toda esta experiencia política Santiso quere facernos crer que non sabía que era ilegal construír en rústico. Desde logo hai que ser moi crédulo para pensar que iso é posíbel”, criticou López. 

O BNG presentará unha moción nos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas solicitando a dimisión de Santiso

Desde o BNG, pediron aos alcaldes dos concellos que forman parte do Consorcio das Mariñas que esixan a súa dimisión como presidente. “Ademais pola súa condición de alcalde é Presidente do consorcio das Mariñas, e entendemos que os demais alcaldes e alcaldesa deben esixir a súa dimisión despois de que onte se abrise o xuízo”, engadiu a portavoz nacionalista.

“Ademais Santiso preside tamén o GDR e a Reserva da Biosfera, pensamos que se como el afirma non sabe que non se poden construír urbanizacións en solo rústico non está desde logo capacitado para presidir unha Reserva da Biosfera”, ironizou López. “Os grupos políticos e entidades que forman parte do GDR pensamos que teñen o deber de pedir que o seu presidente asuma a súa responsabilidade e presente a súa dimisión, e non contribuír a normalizar a ilegalidade e a corrupción”, concluíu a voceira nacionalista. 

Pedimos a dimisión de Santiso da presidencia do Consorcio das Mariñas e de todos os cargos que ostenta por ser alcalde de Abegondo