Alegrámonos da anulación definitiva do PXOM de Abegondo polo Tribunal Supremo

Cristina López é a portavoz do BNG en Abegondo
Cristina López é a portavoz do BNG en Abegondo

 O BNG alegrouse de que o Tribunal Supremo emitira sentenza anulando o PXOM de Abegondo definitivamente. “Como xa dixemos cando se produciu a sentenza do TSXG marca un precedente en contra de todo un modelo urbanístico baseado na especulación”, explicou a portavoz do BNG na localidade, Cristina López.

Alegrámonos da anulación definitiva do PXOM de Abegondo polo Tribunal Supremo

Abegondo, 18 de xullo de 2017. O BNG alegrouse de que o Tribunal Supremo emitira sentenza anulando o PXOM de Abegondo definitivamente. “Como xa dixemos cando se produciu a sentenza do TSXG marca un precedente en contra de todo un modelo urbanístico baseado na especulación”, explicou a portavoz do BNG na localidade, Cristina López. “Xa advertimos naquel momento que seguir malgastando cartos públicos en presentar recursos era unha irresponsabilidade e que o alcalde o que debía facer era deixar de recorrer en contra da propia veciñanza e comezar un proceso aberto e participativo para aprobar un novo Plan Xeral acorde coa realidade do concello de Abegondo”, engadiu a portavoz nacionalista.

Desde o BNG pediron ao alcalde de Abegondo e a Xunta que asuman a súa responsabilidade pola situación de inseguridade na que deixan ao Concello e polos cartos públicos malgastados en recorrer en contra da propia veciñanza

Desde o BNG pediron ao alcalde de Abegondo e a Xunta que asuman a súa responsabilidade pola situación de inseguridade na que deixan ao Concello e polos cartos públicos malgastados en recorrer en contra da propia veciñanza. “Tanto o goberno local de Santiso Miramontes, que por certo é o segundo planeamento urbanístico que ve anulado, como os responsábeis da Xunta de Galiza terán que dar explicacións sobre as súas actuacións, o malgasto de cartos públicos e a situación urbanística na que queda o Concello”, reclamaron desde o BNG.

“Pensamos que é necesario empezar xa a deseñar un novo planeamento urbanístico realista e participativo que se adapte á realidade do Concello de Abegondo e abandonar a especulación propia doutras épocas, mais tamén que os culpábeis de levar ao concello a esta situación, nomeadamente o alcalde teñen que asumir a súa responsabilidade”

“A sentenza do Tribunal Supremo entendemos que é moi positiva. Tanto o Concello de Abegondo como a Xunta aferráronse a un modelo urbanístico baseado na especulación que xa vemos a onde nos levou. Temos que asumir que os tempos dos‘pelotazos’ urbanísticos remataron e no BNG non temos nostalxia dese modelo, pensamos que é o momento de facer un deseño urbanístico acorde á realidade dos nosos concellos e sostíbel”, concluíu a voceira nacionalista.

A anulación deixa en suspensión o Plan Especial de San Marcos

Desde o BNG recordaron que o Plan Especial de San Marcos non está aprobado definitivamente coa situación de inseguridade xurídica en que isto deixaría ao Concello grazas ás alegacións que presentou o grupo nacionalista o pasado mes de xuño. Nas alegacións o BNG xa advertía  “que por un principio de prudencia e tendo en conta que non se trata de actuacións urxentes entendemos que sería mellor agardar a saber en que situación queda a ordenación urbanística xeral do concello antes de aprobar este Plan Especial”.

As nacionalistas recordaron que o Plan Especial de San Marcos non está aprobado definitivamente coa situación de inseguridade xurídica en que isto deixaría ao Concello grazas ás alegacións que presentou o grupo nacionalista o pasado mes de xuño

“Pensamos que é necesario empezar xa a deseñar un novo planeamento urbanístico realista e participativo que se adapte á realidade do Concello de Abegondo e abandonar a especulación propia doutras épocas, mais tamén que os culpábeis de levar ao concello a esta situación, nomeadamente o alcalde teñen que asumir a súa responsabilidade”, concluíron desde o BNG.